Travel Hats foi unha banda de funk e r&b viguesa de longa traxectoria. Este disco é a única referencia discográfica dunha banda formada por Jean Marc Van Loo na voz, Yago Vázquez nas teclas, Felipe Villar na guitarra, Javier Barral na percusión, Alberto García no baixo e Ramiro Blanco na batería.